sábado, 19 de decembro de 2015

E CON ISTO E UN BISCOITO...

Facemos o último post deste ano 2015:


EN INGLÉS...

Falamos, cantamos, bailamos...
E aquí vos ensinamos o vídeo dunha das cancións que máis nos gustan. Premede no seu título para velo:
FIVE LITTLE MONKEYS


OS NOSOS CLUBES

Levamos unha temporada en marcha co Clube do Mandilón funcionando moi ben.


E á volta das vacacións espéranos o Clube das Zapatillas!!!!!

Non vos esquezades de enviárnolas, porque dende o día 7 de xaneiro que comeza a escola entraremos xa no clube.
Que tal se nos dará? Haberá que velo! pero seguro que estamos máis cómodos e quentiñ@s coas zapatillas.





ABN CON RAMAS

Cambiamos temporalmente os bastonciños por ramas nas tarefas dos encargad@s.
Para vero día que é, ou cantos estamos e cantos nenos ou nenas non viñeros, e logo transcribilo de xeito visual para ver ir emparellando a grafía cunha cantidade maior ou menos de compoñentes.
Á súa vez, tras facer un primeiro ramo no que se xuntan todas as ramas que forman o número que estamos traballando... despois descompoñemos o número con decenas e unidades. Sí, sí!!!! con decenas e unidades!!!! facemos paquetiños de 10, e deixamos unidades soltas dependendo do número que sexa.

AS NOSAS PORTADAS

Así de guapísim@s estamos nas nosas portadas dos traballos que levamos onte para casa.
Algúns nin nos recoñecíamos!!!!!!

 Gústanvos?

"DIY": ESTRELAS


Se a anterior actividade era sinxela, esta aínda moito máis.
Só precisamos ramiñas, lá, unhas tesoiras, e purpurina.

Na nosa clase as temos colgando do tendedeiro no que tamén temos unha móbiles de piñas e carozos de millo.
Pero valen para decorar en calquera sitio.
Veña! que non se diga! mans á obra!

NOVA SECCIÓN: "DIY"


Imos estrear unha nova sección chamada DIY (en inglés "Do it yourself" e en galego "Faino ti mesm@"). E nela vos imos ensinar cousiñas que podedes facer tamén na vosa casa de xeito sinxelo utilizando materiais que xa teredes na casa ou ben naturais ou de refugallo.
Neste caso vos ensinamos como nós (bueno a profe) recicla as ceras vellas e as convirte en ceras de cores de diferentes formas.
Xa vedes que só precisades ceras vellas, moldes de silicona e un forno. Iso sí, os moldes que utilicedes xa serían exclusivamente para facer manualidades, son serían xa válidas para uso alimenticio.
Animádesvos????
Segundo o molde que teñades vos quedarán cunha forma ou outra. E segundo como a agarremos pintarán dunha ou outra cor.
Algús exemplos:

Xa nos contaredes que tal vos quedaron (@s que vos animedes)

UNHA VISITA REAL



Un axudante de Baltasar veu a recoller as nosas cartas e levarllas persoalmente aos tres reis.
Algúns valentes ata tivemos o pracer de chocarlle ás cinco!!!!

ADORNOS DE NADAL


Velaquí está o resultado do que estabamos facendo o outro día coa pintura vermella e os rolos de papel hixiénico.
Son unhas floriñas para as nosas árbores de Nadal, ou para colgar nas portas... para o que se nos ocorra.

OS NOSOS AUTORRETRATOS

O outro día levamos para casa unha obra de arte única. O noso autorretrato firmado.


Cada vez van tendo máis detalles dos que antes nos esquecíamos e agora son parte indispensable das nosas obras.
Esperamos que teñades ven colgadiñas as obras nun recuncho especial da vosa casa.

mércores, 16 de decembro de 2015

OS MÁIS PEQUENIÑOS DA AULA TEÑEN 3 ANOS!!!!

Bueno, case, case, porque Raúl aínda cumpre o luns, pero como estaremos xa de vacacións... adiantamos o seu festexo!


Xa temos controlado o tema dos "cumpreanos Montessori" e encántanos ver como á vez que os cumpreañeir@s van dando voltas como a Terra arredor do Sol, nos van ensinando as fotos evolutivas dos seus respectivos cumpreanos.
Cando a Terra deu unha primeira volta completa dende o nacemento dun nen@ resulta que chega o día do seu primeiro cumpreanos, cando da a segunda volta completa é o seu 2º cumpreanos, e na terceira volta facemos a fotiño de rigor do terceiro cumpreanos co marco das 3 estreliñas.
Para o que máis axuda teñen os cumpreañeir@s é para o momento de soplar a vela (o Sol), pois tod@s queremos facelo.


CADA VEZ TEMOS UNHA AULA MÁIS NATURAL



A profe sempre di " qué sorte poder ter tanta colaboración das familias!!!" e é que gran parte da ambientación que conseguimos ter na aula é gracias a vós.
Por iso, outro grande aplauso para vós, as familias, que coa vosa colaboración conseguides que o noso espazo sexa tan particular e acolledor, e sobre todo, á nosa medida e para as nosas necesidades.

FORMAMOS FAMILIAS DE ANIMAIS


O que ían ser uns premios... convertíronse nun grandísimo xogo no que gran parte da mañá estivemos xogando moitos compis da clase.
Na cestiña había pegatinas de goma eva de animais repetidas. O que había que facer era emparellar para formar as familias de animais. Como podedes ver, cada "maestrillo con su librillo" e cada un de nós utilizaba distintas formas para a ubicación dos animais. Por suposto, todas válidas.

martes, 15 de decembro de 2015

AÍNDA NON REMATAMOS... NOUTRAS COUSIÑAS ANDAMOS



Espera un pouquiño e moi pronto o saberás!

QUE CHULIS!!!!


Aquí podedes ver unha das manualidades que fixemos nestes días.
Quedarónnos xenial, verdade?
Son uns lindos bonecos de neve e os seus abetos nevados sobre unha rodaxiña de madeira.

SAIMOS A CANTAR E A PEDIR O AGUINALDO




Iso sí, na clase cantamos moito!!!!! pero logo con tanto público e tantos obxectivos apuntándonos tivemos unha pouquiña de vergoña. Só unha pouca eh!

CARACOL, COL, COL...



Pois sí, hoxe veu das Pontes acompañada dun caracol (que atopara nunha leituga pola noite).
Cando abreu a tapiña dese tupper con buratiños (onde dixemos que podía haber de todo, agás un caracol)... sabedes que pasou?
-A profe puxeralle un anaquiño de mazá, pero ou non tiña fame ou non lle vai a froita porque non pegou bocado-
O caracol estaba durmido... ou tería medo? o caso é que estaba metidiño no seu caparazón e tan só podíamos ver a súa cuncha.
Á profe ocurreuselle unha idea para despertalo ou ben tranquilizado, e díxonos se lle cantábamos unha canción. Así que... puxémonos mans á obra, e como por arte de maxia, o caracol saiu da súa casiña.
Algúns quixemos tocalo!!!
É moi pequeniño!!!

domingo, 13 de decembro de 2015


Como cada venres xogamos coa lingua, pero esta vez foi realmente coa historia da "Señora lingua". Encántanos xogar coas palabras e os xestos con Rebeca!

PENSANDO E CONTANDO


Así, cada un de nós facía o seu propio traballo sen ter en conta o dos demais. Aínda así, podemos deducir que o número favorito da maioría é o 6, pois máis da metade dixemos ese número á profe.

ARTISTAS EN ACCIÓN!





Tod@s os nen@s de infantil participamos na elaboración dun cadro colaborativo ao estilo de Jackson  Pollock. Pasámolo xenial salpicando pintura coas brochas!!!! E a obra quedou preciosa!!!

SEGUIMOS COAS MATES ABN

Desta vez adentrámonos nas matemáticas a través da música, bueno, a través dunha canción.
Unha canción ben coñecida por tod@s nós e que é a de "1 elefante...se balanceaba...".
Verdade que tod@s a coñecedes? pois con ela  aprendimos unha morea de cousas. Mirade!

O outro día a profe preguntounos se nos apetecía pintar uns elefantes que tiña ela por alí, e tod@s dixemos un rotundo síiiiiii!!!! Así que, os pintamos, se recortaron, a profe os plastificou e púxolles velcro por detrás. E hoxe na asemblea converteu un anaco de feltro nunha tea de araña.
Despois diso veu o mellor:
- Repartimos tarefas
- Todos nos aplicamos para facer un traballo conxunto
- Cantamos en equipo
- Vemos a correspondencia número-cantidade
...

Pero sobre todo, sobre todo... o pasamos xenial!

sábado, 5 de decembro de 2015

SOMOS GRANDES CONSTRUCTOR@S!

Onte na alfombra da asemblea  quedou colocada en 3 cestiñas a madeira que nos trouxo Andrés (para clasificar e ordear mellor: listóns nunha, pezas medianas noutra, e cadradiños pequenos noutra).
E algúns de nós aproveitamos para ir a construir a ese recanto. Tiñamos a idea de facer unha torre, e unha dúbida: ata onde poderíamos de chegar de alto?
Podedes ver na última foto que está máis movida, que esa foi a altura final foi a foto foi feita xusto no momento en que se caía.

Seguro que a partires de agora faremos grandes obras, posto que nos encanta isto de construir. E cada vez ternemos máis ideas inxeniosas para crear, diso estade segur@s.


E NA CARA TAMÉN TEMOS... PESTANAS E CELLAS

Sempre soemos debuxar caras con ollos, naris, boca, orellas e cabelo. Pero... o xoves fixemos unha actividade previa a facer o noso debuxo, moi interesante: mirarnos ao espello!!!!
Descubrimos que sempre nos esquecemos de debuxar outras cousiñas que temos na cara: as pestanas e  as cellas. E ademais nos demos conta de que o ollo non é só un puntiño, senón que un puntiño é o que temos dentro dos ollos, na súa parte central.
Así que, despois de vernos e ter en conta esas cousiñas, fomos quen de facer uns debuxos moito máis reais.




Seguro que repetiremos a experiencia máis veces, por exemplo cando a profe nos pregunte se non esqueceríamos de algo... Podemos coller o espello, mirarnos, e averigualo.

xoves, 3 de decembro de 2015

NOVAS TAREFAS PARA OS ENCARGAD@S, AXUDANDO AOS DEMAIS


Se imos lavar as mans antes de merendar, ou se temos sede á hora da merenda... contaremos coa axuda dos encargad@s.
O resto do tempo (se temos que lavar as mans despois de pintar, por exemplo... ou se queremos beber a media mañá o faremos nós mesmos sen axuda).
Así, como cada día hai dous (un encargad@ e un axudante) alomenos eses dous compañeir@s estarán mellorando en hábitos cotiás como botar auga cunha xerra ou botar xabón cun dosificador. Non haberá problemas porque tod@s o queiramos facer, xa que temos claras as normas e sabemos que o faremos o día que nos toque ser encargad@s.
Como nos gusta facernos maiores!

APRENDEMOS A VESTIRNOS E A AXUDAR




Onte, na nosa clase, creamos un clube: O clube do mandilón!
É que moitas veces nos levaba moitísimo tempo poñer ou sacar o mandilón... en moitas ocasións algúns non nos decidíamos a comezar a poñelo ou sacalo e dábamos 1000 voltas pola clase ou polos corredores antes de facelo... outras, aproveitando que á entrada pola mañá hai moitas profes para axudar nos poñemos de leria para ver se nos axudan e no-lo poñen elas...
Total, que a profe quere que aprendamos a vestirnos e desvestirnos soíños, e tamén que nos axudemos os uns aos outros, e por iso agora formamos parte deste clube.
Xa levamos un tempo practicando a técnica para poñer e sacar mandilóns e chaquetas (pero sen trucos).
Agora no clube entramos todos xuntos co noso mandilón na man e intentamos vestirnos sós, cando rematamos se vemos que algún compañeir@ precisa axuda lle preguntamos se lle podemos botar unha man, así acabaremos antes.
Rapidamente tod@s nos puxemos mans á obra con isto de axudar aos demais (xa que nos fai ser "moi capaces"), e ás veces ata axudamos antes de vestirnos nós (podédelo ver nalgunha imaxe).
A medida que tod@s, tod@s, tod@s vaiamos conseguindo vestirnos autónomamente iremos vendo a nosa foto na insignia do clube: un gran mandilón nun panel da clase.
Á volta de Nadal teremos cousas máis complicadas no que se refire á nosa autonomía diaria, por iso esta parte ten que quedar ben practicada e clara.

SORPRESA!!!



Non vos desesperedes que en breve vo-los ensinaremos, 
só podemos dicir que serán RENOS!

É que coas nosas mans podemos facer moitas cousas, 
e si estamos a pintar... miles de ideas nos podemos atopar!
pero sobre todo... renda solta e a IMAXINAR!!!!

Premede AQUÍ  e veredes moitísimas ideas de actividades de dactilopintura.

CUNHA CAIXA CHEA DE MADEIRA... QUE PODEREMOS FACER?




A nosa profe (que sempre lle anda pedindo colaboración a través da aportación de diversos materiais ás familias) está supercontenta con todas as achegas de materiais que vai recibindo.
Soe tratarse de material relacionado cos traballos das nosas familias, este é por exemplo o caso da madeira que nos trouxo hoxe Andrés, as rodaxiñas de madeira que nos trouxo Ainhoa G.(coas que xogamos nos animais e nas construcións) ou tamén outras cousiñas que nos trouxeron esta semana de parte de Jorge e que de momento non vos adiantamos que son. Xa o veredes máis adiante!

Hoxe estivemos ulindo a madeira, tocándoa... pero antes falamos sobre para qué nos podería servir. Dixemos dende para construir unha ponte, un barco pirata, un coche de carreiras, unha casiña... ata para facer churrasco!!!
Despois puxémonos por equipos mans á obra a probar a xogar con este material tan chulo e sairon todo tipo de construcións. Pasámolo bomba!
Seguiremos probando con elas e a ver qué nos sae!

Moitísimas grazas familias!!!!

SE NOS QUEREMOS ACHEGAR AOS ANIMAIS... PODEMOS XOGAR DE MOITOS XEITOS CON ELES


A nós o que máis nos gusta é facerlles granxas ou ambientalos o mellor posible no seu hábitat. Misturamos construcións con animais, e os resultados son moi chulis.
Seguiremos incluindo materiais que nos fagan realmente sentir como se estivesemos na natureza con eles.

UN MONSTRO QUE NOS ENCANTA!


O conto de "El monstruo de colores" é un libro que temos moi a man na aula e que nos está servindo para traballar de xeito moi xeral o mundo das emocións.
E un destes días nos que estabamos a facer cousiñas a partires dese conto, decidimos facer uns broches pintando ao monstro das cores das emocións. Esas cores coas que se lía a miúdo se non as pon en orde dentro de sí mesmo.
Así de chulis nos quedaron, e encantadísimos da vida saimos do cole con eles ben á vista.
Se non coñecedes o conto, non esperedes máis...
Haino en versión pop-up:

E en versión normal (que é o que nos temos na clase):


Se queredes facer o voso propio monstro, aquí vos deixamos a imaxe: