venres, 25 de marzo de 2016

PARA O NOSO HORTO DE AULA

Precisamos traer á volta das vacacións...
* sementes variadas para prantar ou algunha legume ou froito de xerminado directo na terra
* botellas de plástico transparente (de tódolos tamaños, tamén garrafas grandes)
* bandexas de porexpan
* algún palet (2 ou 3) como algunhas familias me falarades noutra ocasión de  que os podíades conseguir... ahora sí precisamos facer uso deles.
* latas pequenas, medianas ou grandes (de calquera conserva: melocotóns, piña, chícharos...)

Moitísimas grazas!!!!
Espéranos un trimestre moi activo de experiencias e coñecementos.

venres, 18 de marzo de 2016

UN BÁSICO DE FINAL DE TRIMESTRE



Xa sabedes que á profe lle encanta que nos miremos ao espello. E así nos lembremos á hora de debuxarnos de todas esas partes esquecidas: pestanas, cellas, tipo de cabelo (rizo ou liso, longo ou curto...)
Así que... tocounos facer un desfile de "modelos" e cando chegamos onde estaba o espello, nos parábamos e mirábamos ben. Así foi como se crearon os debuxos que onte levaron para a casa.

UN CONCURSO MOI PRODUCTIVO



A semana pasada a profe propúxonos un concurso. Tratábase de construir distintas formas con plastilina:
- Comezamos facendo 1 churro longo como unha serpe
- 5 boliñas
- 1 churro longo que pecharíamos e se convertiría nunha letra O.
-...

E creando creando... a cousa foi tan ben que rematamos dándonos conta de que cos churros podíamos crear case que de todo, e puxémonos a escribir os nosos nomes con plasti. Canto nos gustou ver os nomes rematados!!!! xa sabedes, na casa tamén o podemos facer. Bueno... agora xa podemos crear calquera cousa: un coche, unha casa, un foguete...

CADA DÍA DESCUBRIMOS NOVAS FORMAS DE CONSTRUIR.


VAN CHEGANDO OS 4 ANOS...



mércores, 9 de marzo de 2016

MENSAXE PARA OS 12 COMPAÑEIROS QUE TEMOS NA CASA

 Hoxe estabamos xogando coas letras e ocorréusenos que podíamos mandarlles unha mensaxe aos nosos compis. Levamos 3 días sendo 12 na clase e non 24 (a causa da varicela). Certamente nótase ben no volume da clase (12 non son 24 nin de lonxe!!!!) pero botámosvos de menos.
E isto vai para vós compis!!!

MADEIRA PARA APRENDER!!!


Unha vez máis teño que reiterar as grazas ás familias que nos ides aportando todos os materiais que se vos foron pedindo.
Con estes listóns de madeira nos convertimos en auténticos matemáticos posto que chegamos a conceptos dese campo.
Numeramos, clasificamos, ordeamos...

CORTANDO TEAS PARA FACER CREACIÓNS ART,ISTICAS


XOGAMOS CON XEOPLANOS


Como á  nosa profe lle gusta moitísimo reciclar cousas... aquí podedes ver como unhas rodaxiña de madeira (das que tiñamos no recanto das construccións) e no magosto se converteran en cabazas... acabou sendo un xogo motriz e xeométrico xenial.
Madeira, chinchetas, gomas... e a xogar!!!!

martes, 8 de marzo de 2016

TAPIÑAS DE "POTITOS"?


Sí, un material que nos sirve de soporte para facer múltiples xogos de memoria, seriación... neste caso tamén para coñecer os números e traballar a nosa memoria.
Pasámolo xenial!!!
Por certo, este material tamén foi aportado por unha familia. grazas, grazas e grazas.

Atrevédesvos a facer algún xogo? poden ser tapas dos zumes,  tapóns de botellas... xa nos contaredes!



MÁIS SAL?



Pois sí, o sal non só serve para sazonar os alimentos, tamén nos da moitísimo xogo nas aulas. Non o críades? pois xa podedes comprobar que sí.

MAXIA !!!!


Debuxar, escribir, borrar...
debuxar, escribir, borrar...

con estas pizarras máxicas, rotuladores para pizarra veleda e unhas toalliñas húmidas xa temos o kit completo para pasar un bo rato de creación.

Grazas familias!!! coma sempre este material dependeu da vosa colaboración.

CREACIÓN DE REFUGALLO PIRATA


Unha breve historia de piratas contada a partir de elementos de papiroflexia (ou máis ben de cousas feitas con papel e tesoiras) serviu de motivación máxima para captar a atención destes pequenos aprendices de piratas, e crear os seus propios catalexos de refugallo.

SERIAMOS?


Tapóns de distintos tamaños e cores, piñas e pedras, noces e castañas, limpiapipas de cores... calquera cousa vale para aprender a seriar. o único que precisamos é darnos conta da clasificación dos obxectos segundo unha cualidade (tamaño, forma, cor...) e da orde establecida para saber continuar a serie (1 piña - 2 castañas - 1 piña- 2 castañas) (amarelo -verde - amarelo -verde) (grande - pequeno-pequeno, grande -pequeno -pequeno...)

TATUS DOS NOSOS NOMES


Ben ordeados para cando os queremos coller gardalos e non perdelos.
Animádesvos a facer un?

Grabade un debuxo ou nome cun lapis sobre goma eva, e pegádea sobre unha superficie dura (taco de madeira, cartón, tapón de botella...). Premede sobre a tinta e a "tatuar".

A POÑER A MESA!


Xa podemos preparar a mesa para o noso almorzo, merenda... limpiar despois de usar e gardar nun sitio privilexiado a nosa "mantelería de picnic".
Traballamos os trazos, pero á vez creamos un obxecto persoal que nos serve para avanzar na nosa autonomía.
Que tal o estamos facendo?

CREANDO COAS NOSAS CERAS RECICLADAS



PRESENTACIÓN OFICIAL DO BEBÉ VIAXEIRO



Hai dúas semanas coñecimos ao bebé viaxeiro, un bebé que non ten nome.
Vai viaxando a pasar uns días á casa de cada un de nós, que nos convertemos nos seus papás e mamás e somos os responsables dos seus coidados.
O bebé leva unha "canastiña " moi básica para os seus coidados e unha axenda para ver o que fai en cada casa, a onde vai, como se porta...
De momento viaxou a catro casas, agora mesmo está na de Naira, pero xa foi á de Jorge, Daniella e Mara.
Todos moi contentos desexamos levar o bebé cada día, pero sabemos que hai que respetar quendas para que poda pasar por tódalas nosas casas, así que... esperaremos!

OBRADOIRO DE EXPERIMENTOS


Tivemos a visita de Andy, un grande amigo de PITAGORIÑO.
Veu con outros papás e mamás  colaboradores a facernos unha demostración e experimentación con IMÁNS. Puidemos probar a facer EXPERIMENTOS con el, aprendimos cousas e estivemos super super atentos.

FACÉMONOS MAIORES



O LIBRO DAS CORES


Temos un caderniño ao que chamamos O LIBRO DAS CORES. Nel traballamos con distintas técnicas plásticas con personaxes de contos e de debuxos animados.
Gústanos moitísimo porque ademais de Elmer hai personaxes como Bob Esponja, Nemo, Olaf de Frozen, Carapuchiña vermella, O monstro de cores...

CANCIÓN EN INGLÉS NO DÍA DA PAZ


O día da Paz (30 de xaneiro) fixemos unha actividade conxunta todo o cole. Cada aula fixo unha antorcha, leronse unhas mensaxes de paz, nós na clase fixemos unha ficha utilizando a técnica do estarcido, e todos xuntos cantamos e bailamos unha canción no patio de fóra.
Aquí vos deixamos o enlace á CANCIÓN e seguro que máis de un a canta.

OS ARTISTAS UTILIZAN MOI DISTINTOS MATERIAIS



 E nós tamén, por iso quixemos experimentar a traballar con algúns materiais menos usuais que a témpera e as ceras. Que vos parecen as obras?

A FACER APRÉNDESE FACENDO


Por esa razón, e porque a motricidade fina a consideramos unha ferramenta fundamental a traballar nesta etapa educativa, os candados e as chaves pasaron a formar parte tamén dos xogos da aula.
Con eles xogamos realmente, non son de xoguete, son candados e chaves de verdade!
Están dispostos sobre unha bandexa de acordo aos principios da filosofía Montessori, dos que seguimos algunhas pinceladas na aula.

COA VOSA COLABORACIÓN SAEN COUSAS COMO ESTAS



Unha bolsiña de carretes de fíos nos chega unha mañá calquera, e tras presentar o material, rapidamente o instalamos nun dos recunchos da nosa clase e pasa a formar parte da material de xogo da aula,
Así de sinxelo! A nosa imaxinación fai o resto!
Moitas grazas!

VOLTA CON ZAPATILLAS


Foi xenial vir da volta de vacacións de Nadal coas nosas zapatillas, non fixo falta que a profe nos dixese nada e todos comezamos a poñelas rapidamente, moitas veces antes incluso de vestir o mandilón.
Somos super autónomos poñendo e sacando as zapatillas, só se nos complica a tarefas cando o calzado que levamos ten cordóns. Nese caso temos que pedir axuda ás profes  :(

PERDOADE A TARDANZA EN TER NOVAS...

Pero, como xa vos dixera, as novas tecnoloxías ás veces fallan, e a saúde tamén. Así que, por unhas cousas ou por outras, este trimestre vai voando xa e non sabedes que estivemos a facer... por iso, moi brevemente vos comezo hoxe a ilustrar un breve resumo.
Son moitas entradas e non me pararei moito, porque unha imaxe vale máis que mil palabras, así que... xa vos iredes facendo unha idea do ben que o pasamos no cole.
E sen máis preámbulos, toca informar. Aí vamos!!!!