sábado, 5 de decembro de 2015

SOMOS GRANDES CONSTRUCTOR@S!

Onte na alfombra da asemblea  quedou colocada en 3 cestiñas a madeira que nos trouxo Andrés (para clasificar e ordear mellor: listóns nunha, pezas medianas noutra, e cadradiños pequenos noutra).
E algúns de nós aproveitamos para ir a construir a ese recanto. Tiñamos a idea de facer unha torre, e unha dúbida: ata onde poderíamos de chegar de alto?
Podedes ver na última foto que está máis movida, que esa foi a altura final foi a foto foi feita xusto no momento en que se caía.

Seguro que a partires de agora faremos grandes obras, posto que nos encanta isto de construir. E cada vez ternemos máis ideas inxeniosas para crear, diso estade segur@s.


Ningún comentario:

Publicar un comentario