O conto de "El monstruo de colores" é un libro que temos moi a man na aula e que nos está servindo para traballar de xeito moi xeral o mundo das emocións.
E un destes días nos que estabamos a facer cousiñas a partires dese conto, decidimos facer uns broches pintando ao monstro das cores das emocións. Esas cores coas que se lía a miúdo se non as pon en orde dentro de sí mesmo.
Así de chulis nos quedaron, e encantadísimos da vida saimos do cole con eles ben á vista.
Se non coñecedes o conto, non esperedes máis...
Haino en versión pop-up:
E en versión normal (que é o que nos temos na clase):
Se queredes facer o voso propio monstro, aquí vos deixamos a imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario