Amosando publicacións coa etiqueta OUTONO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OUTONO. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de novembro de 2015

UNS COGOMELOS MOI COLORIDOS

Para despedir este outono que está a piques de rematar (e xa se deixa notar polas xeadas e o frío...), aquí vos deixamos unha idea moi sinxeliña de facer un segundo uso das cousas. Ou sexa, como a nós nos encanta, traballar con material de refugallo.
- Un molde de papel dos que se usan para facer magdalenas ou muffins
- Un rolo de papel hixiénico
- Témperas de cores
- e moitas ganas de "manchar as mans"
E velaquí están:


Xa podedes facer o voso propio bosque. A nós fáltannos os ananos, o resto xa case o temos ;)

luns, 23 de novembro de 2015

KALANQUÉ????? KALANCHOE!!!!

Así é como se chama unha nova compañeira de aula, unha prantiña con flores vermellas moi bonita, e que a partires de hoxe precisa dos nosos coidados.
Tod@s estamos encantados coa súa compaña, pero non queremos que esté soa, así que... temos que conseguir máis. Iso sí, teñen que ser pequeniñas e de coidado sinxelo (ás veces podésenos ir a man coa auga, e outras as teremos abandonadas varios días...). Aínda que... faremos trucos de rego para períodos longos de vacacións.
Así que... aprenderemos unha morea de cousas de xardinería!!!!
Ademais sairemos a prantar polo cole.

UMMMMM, ÁS RICAS CASTAÑAS!!!!!


O venres gozamos dun gran magosto no cole.
A primeira hora fomos onde o castañeiro que nos tiña que contar un par de cousiñas. Mirade que atent@s estabamos!
Despois do recreo, tocou degustalas, ummmm.... que boas estaban!!!
Na páxina do cole podedes ver fotos desta festa.

PARECE QUE VEN O FRÍO


Que mal nos estabamos acostumando con este tempo primaveral no outono. É que... quen lembra estar en manga curta a mediados de novembro? Pero... todo o bo remata, e parece que agora ven o frío!!!!
Nós seguiremos sacándolle proveito a tódalas estacións e aos distintos elementos que nos vai deixando. xa o veredes!
Se chove, que chova!!!!!
E se vai frío... será só cuestión de abrigarse un pouquiño máis!!!!

mércores, 18 de novembro de 2015

HOXE TOCOU EXPERIMENTAR CO MILLO

Ao chegar ao cole os peques gardan os xoguetes que traen da casa na caixiña da entrada, de onde os poderán coller para xogar no patio, se queren. Pero son moit@s os que traen un conto para compartir cos demais e enlugar de deixalo na caixa, os levan para a nosa biblioteca de aula. Alí, poden todos ler dito conto, e se o queren levar xa ese mesmo día para a casa, pois o levan...

Hoxe Daniella trouxonos unha sorpresa e é que ademais de traer un libro para compartir que todos coñecíamos e nos encanta (O Polo Pepe), contouno para todos nós!!!! É unha campeona!!!!
E xunto co conto traía unha bolsiña con 2 mazorcas de millo (que viñan estupendamente porque aínda que o Polo do conto come moita cebada... todos sabemos que aos pitos o que máis lles gusta é o millo).


Pero, por si fose pouco, a casualidade fixo que trouxese o millo o mesmo día que a profe xa tiña pensado utilizar este material tan xenial na aula!!! que coincidencia!!!
E mirade como experimentamos !!!
SACAMOS AS FOLLAS...

CONTAMOS...

DEBULLAMOS...



PERO SOBRE TODO... DIVERTÍMONOS!!!

luns, 16 de novembro de 2015

SE VEDES ALGUNHA FOTO BORROSA.. É QUE TEDES MEEEEEDO!!!!! UUUUUHHHHHH!!!!


QUEREDES FACER UN CÓDIGO SECRETO NATURAL?


Porque non só con números e letras se fan os códigos secretos, decidimos facelos cos nosos materiais favoritos: MATERIAIS NATURAIS.
Aquí podedes velos!!!! Que vos parecen???? Non hai 2 iguais!!!!

EXPERIMENTANDO...

O  outono traenos novas cores á paisaxe...
novos froitos á mesa...
E a nós que nos gusta experimentar con todo o que temos a redor... aproveitamos a facelo xuntos na asemblea. Cada día aparecen cousiñas novas do outono (cabazas, mazás, grandas, follas...)





mércores, 11 de novembro de 2015

SORPRESAS...

Nas asembleas temos moitas sorpresas, este día era unha bolsiña na que non sabíamos que podería haber.
Falamos un bo rato sobre que podería haber nela, tocamos a bolsa, ulimos...e SORPRESAAAAAA!!!!
Choveron piñas e máis piñas que a profe foi recollendo en distintos piñeirais. Habíaas de moi distintos tipos (grandes, pequenas, medianas; pechadas, abertas...)

venres, 6 de novembro de 2015

CHOVE!!! CHOVE!!!! PERO LETRAS!!!


Non hai mellor xeito de achegarse ao mundo das letras que xogando con elas.
Así foi comenzamos a mañá... pero despois de chover... tocou recoller!!!!! vaia tarefa!!!! pero un equipo cooperando consegue facer cousas super rápido. Por iso, vimos que se todos axudamos... é moito mellor.