domingo, 13 de decembro de 2015

SEGUIMOS COAS MATES ABN

Desta vez adentrámonos nas matemáticas a través da música, bueno, a través dunha canción.
Unha canción ben coñecida por tod@s nós e que é a de "1 elefante...se balanceaba...".
Verdade que tod@s a coñecedes? pois con ela  aprendimos unha morea de cousas. Mirade!

O outro día a profe preguntounos se nos apetecía pintar uns elefantes que tiña ela por alí, e tod@s dixemos un rotundo síiiiiii!!!! Así que, os pintamos, se recortaron, a profe os plastificou e púxolles velcro por detrás. E hoxe na asemblea converteu un anaco de feltro nunha tea de araña.
Despois diso veu o mellor:
- Repartimos tarefas
- Todos nos aplicamos para facer un traballo conxunto
- Cantamos en equipo
- Vemos a correspondencia número-cantidade
...

Pero sobre todo, sobre todo... o pasamos xenial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario