Sempre soemos debuxar caras con ollos, naris, boca, orellas e cabelo. Pero... o xoves fixemos unha actividade previa a facer o noso debuxo, moi interesante: mirarnos ao espello!!!!
Descubrimos que sempre nos esquecemos de debuxar outras cousiñas que temos na cara: as pestanas e as cellas. E ademais nos demos conta de que o ollo non é só un puntiño, senón que un puntiño é o que temos dentro dos ollos, na súa parte central.
Así que, despois de vernos e ter en conta esas cousiñas, fomos quen de facer uns debuxos moito máis reais.
Seguro que repetiremos a experiencia máis veces, por exemplo cando a profe nos pregunte se non esqueceríamos de algo... Podemos coller o espello, mirarnos, e averigualo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario