mércores, 16 de decembro de 2015

OS MÁIS PEQUENIÑOS DA AULA TEÑEN 3 ANOS!!!!

Bueno, case, case, porque Raúl aínda cumpre o luns, pero como estaremos xa de vacacións... adiantamos o seu festexo!


Xa temos controlado o tema dos "cumpreanos Montessori" e encántanos ver como á vez que os cumpreañeir@s van dando voltas como a Terra arredor do Sol, nos van ensinando as fotos evolutivas dos seus respectivos cumpreanos.
Cando a Terra deu unha primeira volta completa dende o nacemento dun nen@ resulta que chega o día do seu primeiro cumpreanos, cando da a segunda volta completa é o seu 2º cumpreanos, e na terceira volta facemos a fotiño de rigor do terceiro cumpreanos co marco das 3 estreliñas.
Para o que máis axuda teñen os cumpreañeir@s é para o momento de soplar a vela (o Sol), pois tod@s queremos facelo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario