martes, 15 de decembro de 2015
CARACOL, COL, COL...
Pois sí, hoxe veu das Pontes acompañada dun caracol (que atopara nunha leituga pola noite).
Cando abreu a tapiña dese tupper con buratiños (onde dixemos que podía haber de todo, agás un caracol)... sabedes que pasou?
-A profe puxeralle un anaquiño de mazá, pero ou non tiña fame ou non lle vai a froita porque non pegou bocado-
O caracol estaba durmido... ou tería medo? o caso é que estaba metidiño no seu caparazón e tan só podíamos ver a súa cuncha.
Á profe ocurreuselle unha idea para despertalo ou ben tranquilizado, e díxonos se lle cantábamos unha canción. Así que... puxémonos mans á obra, e como por arte de maxia, o caracol saiu da súa casiña.
Algúns quixemos tocalo!!!
É moi pequeniño!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario