sábado, 19 de decembro de 2015
NOVA SECCIÓN: "DIY"
Imos estrear unha nova sección chamada DIY (en inglés "Do it yourself" e en galego "Faino ti mesm@"). E nela vos imos ensinar cousiñas que podedes facer tamén na vosa casa de xeito sinxelo utilizando materiais que xa teredes na casa ou ben naturais ou de refugallo.
Neste caso vos ensinamos como nós (bueno a profe) recicla as ceras vellas e as convirte en ceras de cores de diferentes formas.
Xa vedes que só precisades ceras vellas, moldes de silicona e un forno. Iso sí, os moldes que utilicedes xa serían exclusivamente para facer manualidades, son serían xa válidas para uso alimenticio.
Animádesvos????
Segundo o molde que teñades vos quedarán cunha forma ou outra. E segundo como a agarremos pintarán dunha ou outra cor.
Algús exemplos:
Xa nos contaredes que tal vos quedaron (@s que vos animedes)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario