xoves, 3 de decembro de 2015
NOVAS TAREFAS PARA OS ENCARGAD@S, AXUDANDO AOS DEMAIS
Se imos lavar as mans antes de merendar, ou se temos sede á hora da merenda... contaremos coa axuda dos encargad@s.
O resto do tempo (se temos que lavar as mans despois de pintar, por exemplo... ou se queremos beber a media mañá o faremos nós mesmos sen axuda).
Así, como cada día hai dous (un encargad@ e un axudante) alomenos eses dous compañeir@s estarán mellorando en hábitos cotiás como botar auga cunha xerra ou botar xabón cun dosificador. Non haberá problemas porque tod@s o queiramos facer, xa que temos claras as normas e sabemos que o faremos o día que nos toque ser encargad@s.
Como nos gusta facernos maiores!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario