xoves, 3 de decembro de 2015

CUNHA CAIXA CHEA DE MADEIRA... QUE PODEREMOS FACER?




A nosa profe (que sempre lle anda pedindo colaboración a través da aportación de diversos materiais ás familias) está supercontenta con todas as achegas de materiais que vai recibindo.
Soe tratarse de material relacionado cos traballos das nosas familias, este é por exemplo o caso da madeira que nos trouxo hoxe Andrés, as rodaxiñas de madeira que nos trouxo Ainhoa G.(coas que xogamos nos animais e nas construcións) ou tamén outras cousiñas que nos trouxeron esta semana de parte de Jorge e que de momento non vos adiantamos que son. Xa o veredes máis adiante!

Hoxe estivemos ulindo a madeira, tocándoa... pero antes falamos sobre para qué nos podería servir. Dixemos dende para construir unha ponte, un barco pirata, un coche de carreiras, unha casiña... ata para facer churrasco!!!
Despois puxémonos por equipos mans á obra a probar a xogar con este material tan chulo e sairon todo tipo de construcións. Pasámolo bomba!
Seguiremos probando con elas e a ver qué nos sae!

Moitísimas grazas familias!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario