xoves, 3 de decembro de 2015
APRENDEMOS A VESTIRNOS E A AXUDAR
Onte, na nosa clase, creamos un clube: O clube do mandilón!
É que moitas veces nos levaba moitísimo tempo poñer ou sacar o mandilón... en moitas ocasións algúns non nos decidíamos a comezar a poñelo ou sacalo e dábamos 1000 voltas pola clase ou polos corredores antes de facelo... outras, aproveitando que á entrada pola mañá hai moitas profes para axudar nos poñemos de leria para ver se nos axudan e no-lo poñen elas...
Total, que a profe quere que aprendamos a vestirnos e desvestirnos soíños, e tamén que nos axudemos os uns aos outros, e por iso agora formamos parte deste clube.
Xa levamos un tempo practicando a técnica para poñer e sacar mandilóns e chaquetas (pero sen trucos).
Agora no clube entramos todos xuntos co noso mandilón na man e intentamos vestirnos sós, cando rematamos se vemos que algún compañeir@ precisa axuda lle preguntamos se lle podemos botar unha man, así acabaremos antes.
Rapidamente tod@s nos puxemos mans á obra con isto de axudar aos demais (xa que nos fai ser "moi capaces"), e ás veces ata axudamos antes de vestirnos nós (podédelo ver nalgunha imaxe).
A medida que tod@s, tod@s, tod@s vaiamos conseguindo vestirnos autónomamente iremos vendo a nosa foto na insignia do clube: un gran mandilón nun panel da clase.
Á volta de Nadal teremos cousas máis complicadas no que se refire á nosa autonomía diaria, por iso esta parte ten que quedar ben practicada e clara.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario