luns, 30 de novembro de 2015
CUMPREANOS MONTESSORI?
Hoxe Leire festexou que o sábado cumpiu 3 aniños. Que maior!!!
E, como podedes ver, sacou a imaxe de rigor na nosa aula, en tan sinalada data. Ademais de convidarnos a tod@s a un grande banquete de "gusanitos".
Pero hoxe, ademais, comezamos cunha dinámica que aprofe tiña en mente hai tempo pero non conseguía poñer a andar por diversas razóns (que somos moitos e hai moitas cousas que facer sempre na aula é a máis importante). Pero bueno... deixémonos de lerias, e imos ao gran.
Hoxe comezamos a festexar os cumpreanos coa metodoloxía Montessori. E que son unha festividade da vida:
Pero que ademais nos serven para achegarnos dun xeito moi visual ao paso do tempo: dos meses, das estacións, dos anos... e a saber algunhas cousiñas importantes sobre o Sol (estrela que máis nos alumea), a Terra (xira a redor do Sol e tarda nin máis nin menos que 1 ano = 365 días)
Así, Leire colleu a bóla do mundo (A Terra) e foi dando tantas voltas como deu a Terra a redor do Sol dende que ela naceu.
Vimos como pasaban as estacións (sempre na mesma orde)...
Vimos como pasaban os meses (e mentres que Leire comezou en novembro que é outono... outro compañeir@ pode que teña que comezar en xuño sendo verán, etc).
Cada vez que daba unha volta paraba e víamos unha foto dela:
- A do seu primeiro cumpreanos (na 1ª volta)
- A do seu 2º cumpreanos (na 2ª volta)
- E na terceira volta, despois de parar: soprar a vela da vida (simulando a luz do Sol), cantarlle a canción en 3 idiomas (galego, castelán e inglés)... a profe fíxolle a foto do seu 3º cumpreanos e que é a que podedes ver enriba.
A tod@s nos encantou facer a festa así, polo que tod@s teremos a nosa festa cumpreañeira Montessori.
Cando teñamos as fotos de todos os nenos e nenas que xa festexaron o seu cumpreanos no cole, e que levaron o venres pasado unha notiña... adicaremos un día para que todos teñan o seu momento especial, e ver como foron medrando ao tempo que a Terra ía xirando a redor do Sol, e con iso pasando as estacións e os anos.
MATES DIVERTIDAS
Estamos iniciándonos ao método ABN, co que aprenderemos moitas e divertidas cousas do mundo dos números.
Como cada día contamos ata 25 (os que estamos ou non na nosa aula, incluida a profe), ou ata 31 (segundo o día da semana)... pero non temos moi claro que é cada número... hoxe comezamos a transcribir os números que escribe (de momento, por pouco tempo) a profe, e os convertimos a un código máis visual e real.
Isto foi, fixemos equipos de 10 bastonciños (para formar decenas) e deixamos soltas as unidades.
Hoxe estabamos no cole 21 nen@s (2 equipos de 10 bastonciños, e un bastonciño solto), por exemplo.
ASí, pouco a pouco nos iremos dando conta do tamaño real dos números. E se por exemplo queremos comparar o 85 do 40 (que non temos nin idea do valor que teñen) pois veremos que hai moitos máis equipos de 10 dentro do 85 que dentro do 4. Polo tanto, darémonos conta do valor máis significativamente que con só escribilo.
ESTAMPAMOS CON ROLOS DE CARTÓN
De momento o que quere a profe é darnos moitas ideas do que podemos facer no recuncho de arte, e nos vai guiando un pouquiño para que tod@s fagamos a proba con diversas técnicas e materiais.
No segundo trimestre (que xa seremos moito máis autónomos e teremos coñecemento de moitas das opcións que nos ofrecen os distintos materiais de refugallo que temos na aula) trateremos de ser nós, quen libremente escollamos con qué materiais traballar en cada momento, mesturar técnicas, soportes, etc.
Que vos parece?
Etiquetas:
ARTE,
ARTISTAS,
CURSO 2015-2016,
NOVEMBRO,
RECUNCHOS
UNS COGOMELOS MOI COLORIDOS
Para despedir este outono que está a piques de rematar (e xa se deixa notar polas xeadas e o frío...), aquí vos deixamos unha idea moi sinxeliña de facer un segundo uso das cousas. Ou sexa, como a nós nos encanta, traballar con material de refugallo.
- Un molde de papel dos que se usan para facer magdalenas ou muffins
- Un rolo de papel hixiénico
- Témperas de cores
- e moitas ganas de "manchar as mans"
E velaquí están:
Xa podedes facer o voso propio bosque. A nós fáltannos os ananos, o resto xa case o temos ;)

venres, 27 de novembro de 2015
REBECA CONTOUNOS O SEGREDO DE FLORA
Hoxe levamos no cartafol unha fichiña cunhas palabras descoñecidas para todos vós, e é que son o Segredo de Flora. Unhas palabras máxicas que di Flora cando se enfada, para que esa rabia contida
se escape rapidamente antes de que faga algo do que poda arrepentirse despois.
Probade, probade!!!!
cando vexades que o enfado está chegando...
1, 2, 3
o enfado polas mans...
1, 2, 3
o enfado polos pés...
1, 2, 3
o enfado xa se vai
1, 2, 3
o enfado xa botei.
Se vos funciona poñédenos un comentario, por favor!!! ;)

THE MINIONS!!!
Hoxe fomos, convidados pola ANPA Picapeixe, ao cine.
Vimos a película dos Minions, e aínda que foi bastante longa, aguantamos tod@s como campións.
As risas foron moitas, os improvisados aplausos ao ritmo das cancións que sonaban tamén.
Estaremos encantad@s de voltar outro día!
xoves, 26 de novembro de 2015
CADA DÍA MÁIS A GUSTO NA NOSA CASIÑA
Cada día facemos cambios e é que como na vida mesma, as cousas vanse facendo pasiño a pasiño.
Hoxe puxemos uns estores ben chulos na nosa casiña e moi coloridos!
Como as familias nos axudades moito enviándonos os materiais que vos imos pedindo (como estes mostrarios de teas que hoxe convertemos en estores), temos que agradecervos unha vez máis a vosa colaboración.
Xa podedes ver que o de facer tortillas está á orde do día, a todos nos encanta coller o batedor e os ovos e poñernos entre fogóns.
Etiquetas:
CURSO 2015-2016,
MONTESSORI,
NOVEMBRO,
RECANTOS
CHEGOUNOS UNHA CARTA
Ao parecer hai un científico recén chegado a Cedeira que precisa a nosa axuda.
No cole hai unha aula de experimentos (será o noso laboratorio) e alí nos espera Pitagoriño con moitas sorpresas.
Iso sí, na súa carta falounos dun carné de científicos e, coma non o tiñamos, puxémonos mans á obra para facer cada un o seu.
Estade atentos porque imos ser axudantes de Pitagoriño! Que quererá que fagamos? Para que precisará a nosa axuda?
Etiquetas:
CURSO 2015-2016,
EXPERIMENTOS,
NOVEMBRO,
PITAGORIÑO
ORGANIZANDO O BLOGUE...
Para que atopedes dun xeito máis sinxelo as cousas, a medida que isto se vai enchendo...
Propoño varios logos cos que iredes directamente ás entradas relacionadas con dita temática.
Así, á dereita do blogue aparecerán as imaxes e picando sobre elas poderedes ver todas as novas referidas a ese tema. De momento non hai nada, hoxe é día só de organización, en breve o veredes todo en marcha.
Algúns dos logos serán...

Nesta sección veredes os proxectos de arte nos que estamos embarcadas tódalas aulas de infantil. Neste trimestre investigamos e pintamos com Jackson Pollock... a quen investigaremos máis adiante?
Nesta sección veredes como nos metemos de cheo no mundo da ciencia, facendo experiementos no noso laboratorio!
Así é como se chama o método que utilizaremos neste curso para aprender matesmáticas. Sí, sí matemáticas, pero non unhas mates calquera, senón unhas super sinxelas e divertidas. Aprenderemos unha morea de cousiñas!
Etiquetas:
ARTISTAS,
CURSO 2015-2016,
EXPERIMENTOS,
MÉTODO ABN,
NOVEMBRO
mércores, 25 de novembro de 2015
HOXE TIVEMOS UNHA XORNADA MOI PERO QUE MOI ARTÍSTICA
Onte só pintaramos cun abalorio grande de madeira, e utilizamos unha soa cor. Hoxe probamos a misturar cores e a engadir canicas (que pesan máis que os abalorios). Quedáronnos unhas obras realmente chulas!!!
E para facer outra técnica que semella ás obras deste pintor que estamos traballando (Jackson Pollock)...
Pero aínda non rematamos, non!!!! Tamén fixemos uns "tatus" (encántanos chamarlles así) con plástico de burbullas.
Algúns fixemos ata dúas ou tres obras coas burbullas. Cando xa dominábamo-la técnica queríamos seguir experiementando.
É moi seinxelo:
- Forrar unha mesa con plástico de burbullas
- Chorrear pintura por enriba
- Extender a pintura cun rodillo
- Poñer un folio ou cartulina sobre a pintura
- Acariar o papel
- Levantalo e... voilà!!!!!
E xa sabedes... se a vós vos gusta estoupar as burbullas cando un plastiquiño destes cae nas vosas mans... xa sabedes o que fixemos tamén nós aparte de pintar con elas. É que é moi relaxante!!!!
martes, 24 de novembro de 2015
COÑECEDES A JACKSON POLLOCK???
Nós sí!!! É un pintor que pinta coa técnica do chorreo. Vimos como facía os seus cadros no EDI...
E decidimos facer esa técnica pero con boliñas. Mirade!!!!
NO RECANTO DA CASIÑA
Hoxe tivemos moitas novidades na clase!!!
Moitas delas no recanto da casiña onde por arte de maxia foron desaparecendo as cousiñas de plástico e aparecendo outras de metal, madeira... moito, moito máis reais.
Pero... ademais agora podemos bañar aos bebés... lavar os trapos... tender os trapiños e as toallas....
Pasámolo xenial!!!!!

luns, 23 de novembro de 2015
FIXEMOS UNHA PLASTI MOI, MOI SUAVIÑA
Podedes facela na casa. Non leva nadiña de tempo e ten unha textura moi suaviña.
Nós hoxe fixemos moi pouquiña cantidade, pero nestes días repetiremos a receita e faremos o doble ou triple de volume para que podamos facer máis figuriñas con ela.
KALANQUÉ????? KALANCHOE!!!!
Así é como se chama unha nova compañeira de aula, unha prantiña con flores vermellas moi bonita, e que a partires de hoxe precisa dos nosos coidados.
Tod@s estamos encantados coa súa compaña, pero non queremos que esté soa, así que... temos que conseguir máis. Iso sí, teñen que ser pequeniñas e de coidado sinxelo (ás veces podésenos ir a man coa auga, e outras as teremos abandonadas varios días...). Aínda que... faremos trucos de rego para períodos longos de vacacións.
Así que... aprenderemos unha morea de cousas de xardinería!!!!
Ademais sairemos a prantar polo cole.

UMMMMM, ÁS RICAS CASTAÑAS!!!!!
O venres gozamos dun gran magosto no cole.
A primeira hora fomos onde o castañeiro que nos tiña que contar un par de cousiñas. Mirade que atent@s estabamos!
Despois do recreo, tocou degustalas, ummmm.... que boas estaban!!!
Na páxina do cole podedes ver fotos desta festa.
PARECE QUE VEN O FRÍO
Que mal nos estabamos acostumando con este tempo primaveral no outono. É que... quen lembra estar en manga curta a mediados de novembro? Pero... todo o bo remata, e parece que agora ven o frío!!!!
Nós seguiremos sacándolle proveito a tódalas estacións e aos distintos elementos que nos vai deixando. xa o veredes!
Se chove, que chova!!!!!
E se vai frío... será só cuestión de abrigarse un pouquiño máis!!!!
venres, 20 de novembro de 2015
A DIFÍCIL TAREFA DE APRENDER A COMPARTIR
Estamos nunha etapa na que, polo xeral, nos costa moitísimo compartir. Aínda estamos nunha fase moi egocéntrica na que queremos todo para nós. Así que... aínda que iremos saíndo desta etapa co tempo... temos que ir entrenando esa capacidade que nos permite poñernos no lugar do outro, de realizar actividades conxuntamente cos compañeiros ou compañeiras por un obxectivo común, e compartir o material.
Se xa é difícil de por sí, aínda moito máis cando nos poñemos por parellas e o material a compartir é dun dos membros da parella. Aquí foi onde xurdiron algúns pequenos conflictos, pero nada que non se puidese solventar falando un ratiño.
Mirade como compartimos lecturas!!!!
Xa sabedes que se algo nos gusta aos peques iso é que nos conten contos... sí, que nos conten pola noite, que nos conten polo día, que nos conten a todas horas. Non importa se xa coñecemos a historia porque no lo leron moitas veces, a nós encántanos escoitala. E así, aínda que xa a coñezamos moi ben, en lugar de cansarnos ao escoitala unha e outra vez, o que facemos é axudar a contala, anticipándonos á personaxe que vai aparecer, ao que vai ocurrir posteriormente... E cada vez seremos máis autónomos neste senso e poderemos ata contar nós os contos.
Quen quere que lle contemos un conto?

FIXEMOS UNS IMÁNS
Así non se nos esquecerán as cousas si por exemplo precisamos algo... e o escribimos nun papel e o prendemos na cociña, á vista, co noso imán.
Pero non só iso, teredes o noso debuxo de nós mesmos e o noso nome moi a man, e poderedes ir vendo como pouco a pouco imos madeurando e imos debuxando cada vez con máis detalle e escribindo con máis precisión.

A profe levounos onte para a súa casa para pegarlle o imán e de paso comprobou que todos, todos, todos funcionaban!!!!! :)
Facede un sitio na vosa cociña!!!
Etiquetas:
CURSO 2015-2016,
DEBUXO PROPIO,
IMANES,
NOVEMBRO,
O NOME
mércores, 18 de novembro de 2015
HOXE TOCOU EXPERIMENTAR CO MILLO
Ao chegar ao cole os peques gardan os xoguetes que traen da casa na caixiña da entrada, de onde os poderán coller para xogar no patio, se queren. Pero son moit@s os que traen un conto para compartir cos demais e enlugar de deixalo na caixa, os levan para a nosa biblioteca de aula. Alí, poden todos ler dito conto, e se o queren levar xa ese mesmo día para a casa, pois o levan...
Hoxe Daniella trouxonos unha sorpresa e é que ademais de traer un libro para compartir que todos coñecíamos e nos encanta (O Polo Pepe), contouno para todos nós!!!! É unha campeona!!!!
E xunto co conto traía unha bolsiña con 2 mazorcas de millo (que viñan estupendamente porque aínda que o Polo do conto come moita cebada... todos sabemos que aos pitos o que máis lles gusta é o millo).
Pero, por si fose pouco, a casualidade fixo que trouxese o millo o mesmo día que a profe xa tiña pensado utilizar este material tan xenial na aula!!! que coincidencia!!!
E mirade como experimentamos !!!
SACAMOS AS FOLLAS...
CONTAMOS...
DEBULLAMOS...
PERO SOBRE TODO... DIVERTÍMONOS!!!
martes, 17 de novembro de 2015
UNHA MOREA DE COUSAS DESORDEADAS
Hoxe presento oficialmente o blogue das miñas abelliñas, e de anteman vos aviso de que todas as entradas feita ata aquí están certamente algo desordeadas.
Pero... aínda que non coincidan as datas, que algunhas das últimas fosen antes, ou outras das primeiras despois... quedádevos coa idea de que estas cousiñas foron tan só algunhas das cousas feitas ata agora na escola.
A partir de aquí xa se irá actualizando o blogue correspondentemente coa data.
Temos que contarvos cousiñas que facemos en música, tamén en inglés... e por suposto moitas sorpresas que ten a profe preparadas para estes días. Non vos podemos adiantar nada que son secretas :)
Esperamos que nos sigades a pista de preto e vos gusten as cousas que estamos facendo, e a cantidade de cousas que aprendemos.
Deica outra!!!!

OBRAS EN EQUIPO
Púxemonos
a crear e a crear... e case se nos esquece ensinarvos a nosa primeira
obra de arte que, por certo, foi colaborativa. Cada un, dentro dun
espazo común, atopou o seu buratiño, o seu espazo para crear. e aquí
podedes velo.
Se un quería unha cor pero a estaba utilizando un compañeiro tiña que esperar a quenda... ademais había que respetar os espazos dos demais... así foi como nos demos conta que para facer esa obra tan chula tiñamos que traballar en equipo tendo en conta unhas normas. Se alguén non as cumprise seguro que as cousas non non sairían tan ben.
luns, 16 de novembro de 2015
NA BIBLIOTECA
Encántanos ler, e para isto poñémonos cómodos e a gozar coas historias!!!! E se é en compañía... mellor que mellor!!!
LETRAS
Ás veces decidimos xogar con materiais diferentes unha mesma cousa, aquí por exemplo vedes como xogamos con letras de diferentes forma. Algunhas destas ideas as podedes facer vós mesmos se na casa queredes facer algo parecido.
Reciclando tapas de botellas... facendo tatus en cortixos ou goma eva...
Reciclando tapas de botellas... facendo tatus en cortixos ou goma eva...
Etiquetas:
CURSO 2015-2016,
LETRAS,
OUTUBRO,
RECUNCHOS
TEXTURAS A TRAVÉS DE TEAS, PUNTILLAS...
Telas, puntillas, cintas, lazos, amallós... todos os materiais que nos fuchedes enviando os estamos utilizando. Aquí vos mandamos só unha idea do que fixemos un día... pero seguro que veredes como o utilizamos moitas veces máis.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)