xoves, 26 de novembro de 2015

CADA DÍA MÁIS A GUSTO NA NOSA CASIÑA


Cada día facemos cambios e é que como na vida mesma, as cousas vanse facendo pasiño a pasiño.
Hoxe puxemos uns estores ben chulos na nosa casiña e moi coloridos!
Como as familias nos axudades moito enviándonos os materiais que vos imos pedindo (como estes mostrarios de teas que hoxe convertemos en estores), temos que agradecervos unha vez máis a vosa colaboración.
Xa podedes ver que o de facer tortillas está á orde do día, a todos nos encanta coller o batedor e os ovos e poñernos entre fogóns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario