venres, 20 de novembro de 2015

A DIFÍCIL TAREFA DE APRENDER A COMPARTIR

Estamos nunha etapa na que, polo xeral, nos costa moitísimo compartir. Aínda estamos nunha fase moi egocéntrica na que queremos todo para nós. Así que... aínda que iremos saíndo desta etapa co tempo... temos que ir entrenando esa capacidade que nos permite poñernos no lugar do outro, de realizar actividades conxuntamente cos compañeiros ou compañeiras por un obxectivo común, e compartir o material.
Se xa é difícil de por sí, aínda moito máis cando nos poñemos por parellas e o material a compartir é dun dos membros da parella. Aquí foi onde xurdiron algúns pequenos conflictos, pero nada que non se puidese solventar falando un ratiño.
Mirade como compartimos lecturas!!!!



Xa sabedes que se algo nos gusta aos peques iso é que nos conten contos... sí, que nos conten pola noite, que nos conten polo día, que nos conten a todas horas. Non importa se xa coñecemos a historia porque no lo leron moitas veces, a nós encántanos escoitala. E así, aínda que xa a coñezamos moi ben, en lugar de cansarnos ao escoitala unha e outra vez, o que facemos é axudar a contala, anticipándonos á personaxe que vai aparecer, ao que vai ocurrir posteriormente... E cada vez seremos máis autónomos neste senso e poderemos ata contar nós os contos.
Quen quere que lle contemos un conto?

Ningún comentario:

Publicar un comentario