xoves, 26 de novembro de 2015

CHEGOUNOS UNHA CARTA


Ao parecer hai un científico recén chegado a Cedeira que precisa a nosa axuda.
No cole hai unha aula de experimentos (será o noso laboratorio) e alí nos espera Pitagoriño con moitas sorpresas.
Iso sí, na súa carta falounos dun carné de científicos e, coma non o tiñamos, puxémonos mans á obra para facer cada un o seu.
Estade atentos porque imos ser axudantes de Pitagoriño! Que quererá que fagamos? Para que precisará a nosa axuda?

Ningún comentario:

Publicar un comentario