De momento o que quere a profe é darnos moitas ideas do que podemos facer no recuncho de arte, e nos vai guiando un pouquiño para que tod@s fagamos a proba con diversas técnicas e materiais.
No segundo trimestre (que xa seremos moito máis autónomos e teremos coñecemento de moitas das opcións que nos ofrecen os distintos materiais de refugallo que temos na aula) trateremos de ser nós, quen libremente escollamos con qué materiais traballar en cada momento, mesturar técnicas, soportes, etc.
Que vos parece?
Ningún comentario:
Publicar un comentario