mércores, 25 de novembro de 2015
HOXE TIVEMOS UNHA XORNADA MOI PERO QUE MOI ARTÍSTICA
Onte só pintaramos cun abalorio grande de madeira, e utilizamos unha soa cor. Hoxe probamos a misturar cores e a engadir canicas (que pesan máis que os abalorios). Quedáronnos unhas obras realmente chulas!!!
E para facer outra técnica que semella ás obras deste pintor que estamos traballando (Jackson Pollock)...
Pero aínda non rematamos, non!!!! Tamén fixemos uns "tatus" (encántanos chamarlles así) con plástico de burbullas.
Algúns fixemos ata dúas ou tres obras coas burbullas. Cando xa dominábamo-la técnica queríamos seguir experiementando.
É moi seinxelo:
- Forrar unha mesa con plástico de burbullas
- Chorrear pintura por enriba
- Extender a pintura cun rodillo
- Poñer un folio ou cartulina sobre a pintura
- Acariar o papel
- Levantalo e... voilà!!!!!
E xa sabedes... se a vós vos gusta estoupar as burbullas cando un plastiquiño destes cae nas vosas mans... xa sabedes o que fixemos tamén nós aparte de pintar con elas. É que é moi relaxante!!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario