Ao chegar ao cole os peques gardan os xoguetes que traen da casa na caixiña da entrada, de onde os poderán coller para xogar no patio, se queren. Pero son moit@s os que traen un conto para compartir cos demais e enlugar de deixalo na caixa, os levan para a nosa biblioteca de aula. Alí, poden todos ler dito conto, e se o queren levar xa ese mesmo día para a casa, pois o levan...
Hoxe Daniella trouxonos unha sorpresa e é que ademais de traer un libro para compartir que todos coñecíamos e nos encanta (O Polo Pepe), contouno para todos nós!!!! É unha campeona!!!!
E xunto co conto traía unha bolsiña con 2 mazorcas de millo (que viñan estupendamente porque aínda que o Polo do conto come moita cebada... todos sabemos que aos pitos o que máis lles gusta é o millo).
Pero, por si fose pouco, a casualidade fixo que trouxese o millo o mesmo día que a profe xa tiña pensado utilizar este material tan xenial na aula!!! que coincidencia!!!
E mirade como experimentamos !!!
SACAMOS AS FOLLAS...
CONTAMOS...
DEBULLAMOS...
PERO SOBRE TODO... DIVERTÍMONOS!!!
Felicidades, por todo o traballo que hai detrás e que non se ve cunha foto. Pero que eu si aprecio, día a día, no meu fillo. Vai a escola e volve con ganas de ir outra e outra vez. Quere aprender, que lle conten é tan feliz como na casa. Iso faime sentir moi, moi leda e tranquila cando o deixo nas túas mans. Grazas por compartir estes momento con nós.
ResponderEliminar