xoves, 26 de novembro de 2015

ORGANIZANDO O BLOGUE...

Para que atopedes dun xeito máis sinxelo as cousas, a medida que isto se vai enchendo...
Propoño varios logos cos que iredes directamente ás entradas relacionadas con dita temática.
Así, á dereita do blogue aparecerán as imaxes e picando sobre elas poderedes ver todas as novas referidas a ese tema. De momento non hai nada, hoxe é día só de organización, en breve o veredes todo en marcha.
Algúns dos logos serán...

Nesta sección veredes os proxectos de arte nos que estamos embarcadas tódalas aulas de infantil. Neste trimestre investigamos e pintamos com Jackson Pollock... a quen investigaremos máis adiante?
 
Nesta sección veredes como nos metemos de cheo no mundo da ciencia, facendo experiementos no noso laboratorio!
Así é como se chama o método que utilizaremos neste curso para aprender matesmáticas. Sí, sí matemáticas, pero non unhas mates calquera, senón unhas super sinxelas e divertidas. Aprenderemos unha morea de cousiñas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario