luns, 30 de novembro de 2015
CUMPREANOS MONTESSORI?
Hoxe Leire festexou que o sábado cumpiu 3 aniños. Que maior!!!
E, como podedes ver, sacou a imaxe de rigor na nosa aula, en tan sinalada data. Ademais de convidarnos a tod@s a un grande banquete de "gusanitos".
Pero hoxe, ademais, comezamos cunha dinámica que aprofe tiña en mente hai tempo pero non conseguía poñer a andar por diversas razóns (que somos moitos e hai moitas cousas que facer sempre na aula é a máis importante). Pero bueno... deixémonos de lerias, e imos ao gran.
Hoxe comezamos a festexar os cumpreanos coa metodoloxía Montessori. E que son unha festividade da vida:
Pero que ademais nos serven para achegarnos dun xeito moi visual ao paso do tempo: dos meses, das estacións, dos anos... e a saber algunhas cousiñas importantes sobre o Sol (estrela que máis nos alumea), a Terra (xira a redor do Sol e tarda nin máis nin menos que 1 ano = 365 días)
Así, Leire colleu a bóla do mundo (A Terra) e foi dando tantas voltas como deu a Terra a redor do Sol dende que ela naceu.
Vimos como pasaban as estacións (sempre na mesma orde)...
Vimos como pasaban os meses (e mentres que Leire comezou en novembro que é outono... outro compañeir@ pode que teña que comezar en xuño sendo verán, etc).
Cada vez que daba unha volta paraba e víamos unha foto dela:
- A do seu primeiro cumpreanos (na 1ª volta)
- A do seu 2º cumpreanos (na 2ª volta)
- E na terceira volta, despois de parar: soprar a vela da vida (simulando a luz do Sol), cantarlle a canción en 3 idiomas (galego, castelán e inglés)... a profe fíxolle a foto do seu 3º cumpreanos e que é a que podedes ver enriba.
A tod@s nos encantou facer a festa así, polo que tod@s teremos a nosa festa cumpreañeira Montessori.
Cando teñamos as fotos de todos os nenos e nenas que xa festexaron o seu cumpreanos no cole, e que levaron o venres pasado unha notiña... adicaremos un día para que todos teñan o seu momento especial, e ver como foron medrando ao tempo que a Terra ía xirando a redor do Sol, e con iso pasando as estacións e os anos.
Etiquetas:
ANIVERSARIOS,
CUMPREANOS MONTESSORI,
CURSO 2015-2016,
NOVEMBRO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
esta genial bea ,non sei de donde quitas o tempo. gracias por todo o traballo se non fose polo blog non me enteraría de nada do que traballades.
ResponderEliminar