martes, 17 de novembro de 2015

UNHA MOREA DE COUSAS DESORDEADAS

Hoxe presento oficialmente o blogue das miñas abelliñas, e de anteman vos aviso de que todas as entradas feita ata aquí están certamente algo desordeadas.
Pero... aínda que non coincidan as datas, que algunhas das últimas fosen antes, ou outras das primeiras  despois... quedádevos coa idea de que estas cousiñas foron tan só algunhas das cousas feitas ata agora na escola.
A partir de aquí xa se irá actualizando o blogue correspondentemente coa data.
Temos que contarvos cousiñas que facemos en música, tamén en inglés... e por suposto moitas sorpresas que ten a profe preparadas para estes días. Non vos podemos adiantar nada que son secretas :)
Esperamos que nos sigades a pista de preto e vos gusten as cousas que estamos facendo, e a cantidade de cousas que aprendemos.
Deica outra!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario