Aquí vai un adianto, non hai moitas porque os nenos están divididos en grupos e non se poden facer fotos ao tempo en tódolos obradoiros.
Ninguén se mareou no autobús!!!!!! Somos uns campións!!!!! E á volta moitos viñemos tan derreados que case a metade do bus durmía (e ata algún roncaba :)
Hoxe pasámolo moi ben:
- Fomos cos compis en autobús
- Levamos as nosas mochilas coa comidiña (papis, non nos carguedes tanto!!!! as profes xa avisaron do que había que levar e algúns levábamos comida para 3 ou 4 días...)
- Vimos moitos animais (cans, castróns, chama, dromedario, monos, lebre da Patagonia, burriños, cabalos, ponis, avestruz, pavo real, rulas...)
- Axudamos a darlles de comer a algúns animais
- Fixemos pan
- Montamos en poni
- Prantamos chícharos (mañá os levaremos para casa)
- Cantamos no autobús...
Así que... con este pedazo día soleado que tivemos o único que podemos dicir é que
HOXE FOI UN DÍA XENIAL!!!!
E así nos despedimos ata outra ocasión que podamos voltar a este recunchiño tan preto e tan chulo onde seguro seguiremos aprendendo moreas de cousas en cada nova visita.