venres, 8 de abril de 2016
ÁRBORES XIGANTES DENTRO DA NOSA CLASE
Como vimos nun libro que nos trouxo Daniella... ata as árbores máis grandes e maxestuosas nacen dunha pequena semente.
Pero aínda así nos sorprendeu moitísimo (á profe tamén) ver un "bebé eucalipto dun 1 día" con esa cor vermella e negra que parece unha flor, outro duns pouquiños días xa máis grandiño e cunhas follas que parece un trébol de 4 follas, e outros máis grandes que medimos e son case que iguais. Iremos medíndoos a miúdo para ver como medran. De momento 14 e 15 centímetros os grandes, pero poden chegar a medir ata 60 metros, e disque hai anos houbo algún de 150 m. según limos na Wikipedia.
De aquí a final de curso, canto credes que medrarán?
Mirade aquí como soen ser os eucaliptos; altos e delgadiños:
E aquí como moi pretiño, en Viveiro, podemos ver no eucaliptal de Chavín un eucalipto xigante (chámalle o avó) que ten un tronco moi, moi ancho.
Fúchedes a velo algunha vez?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario