Así que... igual de motivados que saimos da clase sabemos que íamos a dar un paseo polo cole ata chegar a unha porta secreta que daba a un terreiño... volvimos para a clase coa nosa captura. Collimos entre todos 39 caracois!!!!
Levámolos para clase nunhas caixiñas de plástico transparente con tapa, pero alí non poderían estar moito tempo pechadas así que... ao chegar á clase puxémolos entre uns espellos que tiña a profe. ASí, debía de ser ao verse neles, pensaban que había outros caracois e movíanse moitísimo. Bueno... tanto, tanto que sempre había alguén de garda con eles para vixiar que non se escaparan.
Ao sonar o timbre para ir ao patio a profe levou os caracois tamén para fóra, eran a atracción do patio (para pequenos e maiores) así que... deixámolos alí para que os viran e despois soltámolos para que puidesen buscar comidiña e sobrevivir.
Outro día podemos coller máis, pero de momento para ver o seu corpo, como son, como se baban!!!!!! xa nos chegou con esta breve visita.
Logo traballamos sobre as súas partes do corpo na clase, e xa sabemos que teñen unha cuncha, unha cabeza, un pé musculoso e uns tentáculos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario