sábado, 2 de abril de 2016

INICIO DE TRIMESTRE CON NOVIDADES

Comezamos eliminando un recanto, o dos disfraces, e insertando un recanto de experimentación e observación da natureza. Como queremos traballar neste trimestre para observar bichiños e prantas, máis ben con todo o relacionado co mundo do horto, e é un tema tan amplo que precisamos espazo para poder investigar e experimentar.
Pouco a pouco, coa vosa axuda (familias) imos conseguindo crear un novo espazo, que está tendo moitísimo interese para os nenos e nenas cada día. Son moitos os que queren ir a coller a lupa para mirar a ver se atopa algún bichiño pola clase, outros van mirar o almanaque de bolboretas, outros collen revistas ou contos da temática, e por suposto son claves os bichiños en metacrilato!!!! todos queren collelos!!!!


1 comentario:

  1. Roi foime contando paso a paso cada unha das experiencias, sodes uns artístas!

    ResponderEliminar