luns, 4 de abril de 2016
APRENDEMOS E SORPRENDÉMONOS!
Porque cada día veñen os peques cargadiños de cousas: materiais para explicarnos, informacións de libros e internet, xogos, contos, material para a prantación do horto, elementos para mirar e examinar coa lupa...
Cada día miramos o que pasa coas nosas legumes e prantas... pero desta vez, tras pasar a fin de semana polo medio, alucinamos co cambio!!!! Canto medraron!!!
Unha curiosidade:
Todas as piñas (grandes, medianas e pequenas) están na mesma bandexa con auga (a mesma cantidade para todas) e as que brotaron de momento foron as pequenas porque lles debe chegar ben a auga e ás grandes non lles chega, temos que botarlle máis.
Os garabanzos teñen xa unha coliña considerada nos que están ben regados, mentres que nos que quedaron máis secos non ocorreu nada. Hai que seguir mollando o algodón e esperar a ver que pasa.
Xa nos ensinara cousiñas do horto cunhas fotos del mesmo no horto de seu avó. Viramos calabacines, patacas, flores... e hoxe falounos de insectos.
Temos claras 3 cousas:
- Teñen 6 patas (as arañas non son insectos porque teñen 8 patas, entre outras cousas)
- Teñen o seu corpo dividido en 3 partes
-Hainos de moitas formas, tamaños e cores.
Como vedes non estamos perdendo o tempo e cada día aprendemos algo novo. Hoxe sobre papel estivemos vendo as fases da xerminación e crecemento dunha semente. Quedaramos tan abraiados ao ver as lentellas coas súas folliñas verdes que había que aproveitar a ocasión.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario