sábado, 2 de abril de 2016

CHEGOU A PRIMAVERA!!! A PRANTAR!!!!

Legumes e hortalizas foron as primeiras elixidas para experimentar dentro deste proxecto de investigación que vimos de comezar.
Así, botamos lentellas en piñas que temos colocadas verticalmente sobre bandexas plásticas con auga no fondo, para ir analizando que sucede cada día...

Tamén prantamos con garabanzos sobre algodón, e os temos colocados nas fiestras para que lles de ben o sol, e para poder observar ben os cambios que se producen neles...



Nas legumes xa imos vendo como rapidamente están xerminando... pero... E por que non prantar tomates? Pois claro que sí, pero fixemos un experimento e despois co paso dos días iremos chegando a conclusións. Prantamos rodaxas directamente tapándoas cun pequeniño manto de sustrato. Que ocorrerá?

Ningún comentario:

Publicar un comentario