domingo, 29 de maio de 2016

PUIDEMOS VER DE PRETO UNHA LIBÉLULA!!!


Troxéronna á clase da profe Raquel, e como sabe que andamos pescudando moitas cousiñas da natureza... prestounola para vela de preto.
Despois aproveitamos para facer bichiños con plastilina: grilos, libélulas, vermes de seda, miñocas...

TEMOS 4 GRILOS NA CLASE

E  moito cantan... gústanos moito coidalos e escoitalos.


SAIMOS A COLLER FLORES SILVESTRES...

Para ver como son: cores, formas, tamaños... ver as súas partes principais (pétalo, sépato, pistilo, estambre, tallo e folla).


E tamén para facer un experimento: secalas a través do prensado.



venres, 13 de maio de 2016

FACÉNDONOS EXPERT@S EN ABELLAS

Aínda nos quedan algunhas cousiñas importantes por traballar, pero xa sabemos o suficiente como para ir a darlles unha charla aos nosos compis da clase de Susana, e aos de 4 anos de Raquel, e iso foi o que fixemos un día a semana pasada.
Aquí podedes ver como de xeito colectivo preparamos algúns materiais para ter unha presenza deses datos interesantes que estivemos a pescudar.


LEMBRANDO O DÍA DA ÁRBORE





LETRAS E MÁIS LETRAS

Xa sabedes que cada día imos aprendendo máis e máis cousiñas do mundo das letras, e iso é porque as estamos utilizando a diario.
(Seguro que non vos estranará ir pola rúa e que o nen@ vos pregunte " que pon ahí?" e é que a curiosidade faise cada vez maior ao tempo que van tendo máis coñecemento sobre as letras.)
Primero coñecimos as dos nosos nomes, despois as dos compañeiros e compañeiras, logo relacionamos as que temos nos nosos nomes e tamén as teñen determinados compañeiros ou familiares... e por último as imos asociando a palabras.
Nese punto estamos agora. Cada día, traballando co nome do noso compi encargad@ vemos que letras ten e as asociamos a unhas palabras. É o noso código secreto! temos un libriño cos nosos nomes asociados a unha palabra, segundo a letra de inicio.
Así, como podedes ver no exemplo, o nome de Samuel se relaciona coas súas letras con palabras que conteñen as mesmas, como son: serpe, araña, uvas...

CADA VEZ ENGADIMOS MÁIS ELEMENTOS Á FIGURA HUMANA

Este é un aspecto fundamental!!!! esta claro que ao principio vemos as cousas de xeito moi global, pero pouco a pouco nos imos dando conta de que todo contén pequenos elementos.
Non somos unha cabeza, un tronco e uns pés. e diso nos imos dando conta cada día, e entre todos imos lembrándollelas aos encargad@s  por si se esquecen. Hai quen xa comeza a debuxarse con pendentes ou coas unllas pintadas- sinal de que aprecian os detalles ;)-

O debuxo ás nosas idades é fundamental xa que é o sinal claro  para avaliar se somos ou non capaces de captar detalles do que nos rodea e observamos en cada momento. Por suposto, todo isto seguindo un ritmo propio acorde á nosa madurez interna. Pero a evolución no debuxo é un progreso que nos indica que as cousas marchan ben,

ENTRAMOS DE CHEO NO MUNDO DA NATUREZA

E ahí seguimos, pescudando cada día novas cousiñas.
Bolboretas, libélulas, xoaniñas, pulgóns, mosquitos, abellas... son só algúns dos insectos dos que falamos e estamos aprendendo cousas.


Tamén a nosa plantación segue medrando!!!!
E Andrés tamén nos trouxo xa hai unhas semaniñas un pequeno "horto particular" que está medrando un montón y co que descubrimos cousiñas da soia, o trigo e o negrillo en versión natural.
(a foto é do día que o trouxo).

Tivemos na aula miñocas de terra, que nos trouxo Roque, e das cales aprendimos moitas cousas cun traballiño que mandou escrito a súa familia. Por exemplo... que serven de carnada para pescar, ou que fan coa súa boca grandes túneles na terra.

Fixámonos moito no seu corpo e os seus movementos. E moi, moi ben as debuxamos. Fomos a buscar herbiñas para ver si atopábamos algunha que lles gustara... e finalmente, despois de 3 ou 4 semanas, as liberamos.
Agora estamos seguindo o proceso de metamorfose dos vermes de seda. Cando os trouxemos para clase era tan diminutos que había que miralos con microscopio para ver algo, pero co paso dos días, e coa alimentación diaria (só  comen follas de morera, árbores escasas na zona, e enriba son difíciles de conseguir este ano que aínda son moi pequenas as follas a estas alturas da primavera) xa van moi grandes.



AS ZAPATILLAS DE VOLTA PARA CASA e VISEIRAS PARA O COLE


Aínda que seguimos convencidos de que estamos super cómodos coas zapatillas, e que sen dúbida esta rutina cotiá nos axudou moito na nosa autonomía (poñemos e sacamos o calzado con moita facilidade, costanos moi pouco darnos conta de cal é o dereito e o revés...) hoxe mandámolas para casa, para lavar (moitas levan plastilina polo fondo) e xa para quedar na casa, e non voltar ao cole.
Confiamos en que á volta desta ponte veña o bo tempo e xa nos comezaredes, seguro, a mandar máis fresquiños de pés, tamén faremos algunha saída ao entorno próximo e eses días xa non as poñeríamos... así que... con unha desculpa ou con outra, lle pedimos ao bo tempo que se veña con nós, e deixamos as zapatillas na casa.


O que sí precisamos traer agora ao cole é unha viseira, CON NOME, xa que para sair  ao patio nos días soleados nos fará falla.

Moitas grazas!