Este é un aspecto fundamental!!!! esta claro que ao principio vemos as cousas de xeito moi global, pero pouco a pouco nos imos dando conta de que todo contén pequenos elementos.
Non somos unha cabeza, un tronco e uns pés. e diso nos imos dando conta cada día, e entre todos imos lembrándollelas aos encargad@s por si se esquecen. Hai quen xa comeza a debuxarse con pendentes ou coas unllas pintadas- sinal de que aprecian os detalles ;)-
O debuxo ás nosas idades é fundamental xa que é o sinal claro para avaliar se somos ou non capaces de captar detalles do que nos rodea e observamos en cada momento. Por suposto, todo isto seguindo un ritmo propio acorde á nosa madurez interna. Pero a evolución no debuxo é un progreso que nos indica que as cousas marchan ben,
Ningún comentario:
Publicar un comentario