Aínda nos quedan algunhas cousiñas importantes por traballar, pero xa sabemos o suficiente como para ir a darlles unha charla aos nosos compis da clase de Susana, e aos de 4 anos de Raquel, e iso foi o que fixemos un día a semana pasada.
Aquí podedes ver como de xeito colectivo preparamos algúns materiais para ter unha presenza deses datos interesantes que estivemos a pescudar.
A isto chámaselle excelencia! Chicos, chicas sodes excelentes e a profe tamén! Grazas por deixalos medrar sen presas, gozando, disfrutando, aprendendo, errando, querendo e desexando.
ResponderEliminar