E ahí seguimos, pescudando cada día novas cousiñas.
Bolboretas, libélulas, xoaniñas, pulgóns, mosquitos, abellas... son só algúns dos insectos dos que falamos e estamos aprendendo cousas.
Tamén a nosa plantación segue medrando!!!!
E Andrés tamén nos trouxo xa hai unhas semaniñas un pequeno "horto particular" que está medrando un montón y co que descubrimos cousiñas da soia, o trigo e o negrillo en versión natural.
(a foto é do día que o trouxo).
Tivemos na aula miñocas de terra, que nos trouxo Roque, e das cales aprendimos moitas cousas cun traballiño que mandou escrito a súa familia. Por exemplo... que serven de carnada para pescar, ou que fan coa súa boca grandes túneles na terra.
Fixámonos moito no seu corpo e os seus movementos. E moi, moi ben as debuxamos. Fomos a buscar herbiñas para ver si atopábamos algunha que lles gustara... e finalmente, despois de 3 ou 4 semanas, as liberamos.
Agora estamos seguindo o proceso de metamorfose dos vermes de seda. Cando os trouxemos para clase era tan diminutos que había que miralos con microscopio para ver algo, pero co paso dos días, e coa alimentación diaria (só comen follas de morera, árbores escasas na zona, e enriba son difíciles de conseguir este ano que aínda son moi pequenas as follas a estas alturas da primavera) xa van moi grandes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario