xoves, 3 de decembro de 2015
AS LABORES REAIS SON AS QUE MÁIS NOS GUSTAN
Por que sempre queremos facer o que fan os maiores?
Boa pregunta!
Pois está claro, se os maiores fan algo, nós tamén nos queremos sentir capaces de facelo. Por iso, sempre imos a cousas cada vez máis difíciles.
Neste caso, vos ensinamos como coidamos dos nosos bebés coma se fosen de verdade (bueno... agás porque os pobriños bucean demasiado e non respiran moi ben debaixo dos SPAs que lles facemos de baños de burbullas :))
Iso sí, relucientes saen, e relaxadiños para botar unha soneca seguro que tamén.
E mollamos... claro que mollamos o chan, as toallas de secalos, a nosa roupa ás veces... pero a experiencia de facelo e vernos tan capaces o recompensa todo. E ademais, como nos encanta limpar, o deixamos todo ben limpiño e seco e acabouse o problema.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario