Onte, un dos días máis calurosos que tivemos ata momento, aproveitamos para achegarnos á praia, que ben preto a temos :-), e xogamos e merendamos alí.
Pasámolo bomba!!!
E atopamos tesouros (como non!)
Un deles foi un escornabois (cervo volante) que tamén estaba aproveitando para dar un paseiño pola area.
Deixamos ben claro que nos encanta a natureza, e observámolo moi de preto e algúns valente aínda se atreveron a collelo cun pauciño.
Mirade, se non o credes:
Un bo xeito de festexar a chegada do verán, non credes?
Ningún comentario:
Publicar un comentario