Queremos coñecernos un pouquiño máis no grupo, e por iso estamos traendo á clase un traballiño con fotografías das nosas familias. Con elas faremos despois un ALBUM DAS FAMILIAS que teremos á nosa disposición na biblioteca de aula. Pero para nós o máis importante é que presentamos en público (aos nosos compis, na asamblea) o noso traballo e á nosa familia.
Así descubrimos tamén que cousiñas lles encanta facer aos nosos compis.
Mirade, mirade:
Aínda quedamos algúns por contar... outros non temos foto porque a profe non tiña batería... pero xa nos iredes vendo a todos en distintas actividades. Non vos preocupedes, e seguídemos de preto a miúdo para estar ben informados do que facemos na escola. vale?
Ningún comentario:
Publicar un comentario