luns, 16 de novembro de 2015

NORMAS

Cada día temos que lembrar cales son as normas da nosa clase e é que claro, un equipo de 24 nenos e nenas necesita poñerse de acordo niso para poder convivir durante 5 horas ao día e que todo saia xenial.
Por iso, nos primeiros días de cole, decidimos cales eran esas normas que deberíamos cumprir.
Como podedes ver, están en positivo, evitando o "NON" por todas partes. Recalcamos o bó, o que se debe facer, e non o malo.
Cada vez as imos cumprindo máis, porque imos medrando e madurando, e tamén porque nos damos conta dos conflictos que van xurdindo cando alguén non as cumpre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario