Este día que estades vendo nas imaxes, por exemplo, fixemos un escenario improvisado, collimos o noso micro, vestímonos cos nosos sombreiros de festa, e... expresamos aos demais que cousa é a que máis nos gusta facer.
Houbo opinións para tódolos gustos, como vos podedes imaxinar, dende xogar, ata ir á praia, pasando por comer chocolate ou pizza. cada un levou os gustos ao seu territorio favorito.
Por suposto, esta actividade non só nos permitiu coñecer un pouquiño máis dos nosos compañeiros e compañeiras, senón tamén "aprender a escoitar", respetar a nosa quenda, e perder a vergoña un pouquiño máis a eses pícar@s que aínda lles custa moito abrirse cara os demais.
Fixérono requetebén!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario