Hai miles de ideas para facer botellas e frascos sensoriais. Na clase temos algúns. Este día estabamos vendo un par deles na asemblea (que tiñan dentro purpurina de cores).
Agora temos algún máis feito con outros materiais (pompons, botóns...) e ás veces utilizámonos cando estamos nerviosos para calmarnos un pouquiño.
Collemos a botella, axitámola e mirámola atentamente ata que non se mova nada (para iso, ademais de auga, botámoslle unha pouquiña de glicerina).
Se queredes... podedes probar a facer algunha na casa!!! Quen se anima?
Ningún comentario:
Publicar un comentario