Como xa, moitos de vós, sabedes, somos a clase das abelliñas. Un grupo de 24 peques con moitas ganas de xogar a aprender, do CEIP. Nicolás del Río, de Cedeira (A Coruña)
Ao longo deste tempo de inicio de curso fixemos moitísimas cousas, pero sobre todo estivemos
-COÑECÉNDONOS
- COÑECENDO AS NORMAS DA NOSA AULA
-COÑECENDO AS DIVERSAS INSTALACIÓNS DO COLEXIO
...
E algunhas cousiñas máis que vos iremos contando pouco a pouco.
Aquí estamos RELAXÁNDONOS:
Se ledes as pedras poderedes saber os nosos nomes:
E aquí vos ensinamos algunhas cousiñas da nosa clase:
A nosa ASAMBLEA (reunímonos ao chegar á clase, cantamos a canción dos bos días; @ encargad@ e @ seu axudant@ fan algunhas tarefas como: dirixir a orquestra para que tod@s cantemos a canción dos días da semana, poñen o día que é, pasan lista, miran e marcan o tempo que vai...)
Os encargados tamén se debuxan e escriben o seu nome nunha pizarra, e todos nos fixamos en si faltan ou non cousas no seu debuxo, que letras ten o seu nome...
E segundo o día... ás veces aproveitamos para botar unhas paroladas, pero como aínda nos cansamos moi, moi rápido de estar sentados, soen ser moi breves.
Na asamblea aprendemos a escoitar, e tamén a falar aos demais: para captar a atención utilizamos un micrófono. O que o ten fala, e o resto escoitamos atentamente.Temos varios RECANTOS:
A casiña, os disfraces, lóxica, construcións, artistas, biblioteca, motricidade fina.
Estamos distribuidos en 5 equipos:
ao final imos a os recantos coas nosas pulseiras. Con elas, nos identificamos como membros do noso equipo (segundo a cor), colaboramos (pois axudamos aos compañeir@s a poñer as súas pulseiras e les nos axudan a nós...), e pouco a pouco imos identificando os nosos nomes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario