martes, 29 de setembro de 2015

PRESENTACIÓN OFICIAL

Despois de dous meses de curso por fin atopo un momento para facer efectiva a recopilación de momentos vividos na aula, e presentarvos así o noso espazo virtual.
Como xa, moitos de vós, sabedes, somos a clase das abelliñas. Un grupo de 24 peques con moitas ganas de xogar a aprender, do CEIP. Nicolás del Río, de Cedeira (A Coruña)

Ao longo deste tempo de inicio de curso fixemos moitísimas cousas, pero sobre todo estivemos
 -COÑECÉNDONOS
- COÑECENDO AS NORMAS DA NOSA AULA
-COÑECENDO AS DIVERSAS INSTALACIÓNS DO COLEXIO
...
E algunhas cousiñas máis que vos iremos contando pouco a pouco.

Aquí estamos RELAXÁNDONOS:


Se ledes as pedras poderedes saber os nosos nomes:



E aquí vos ensinamos algunhas cousiñas da nosa clase:

A nosa ASAMBLEA (reunímonos ao chegar á clase, cantamos a canción dos bos días; @ encargad@ e @ seu axudant@ fan algunhas tarefas como: dirixir a orquestra para que tod@s cantemos a canción dos días da semana, poñen o día que é, pasan lista, miran e marcan o tempo que vai...)

Os encargados tamén se debuxan e escriben o seu nome nunha pizarra, e todos nos fixamos en si faltan ou non cousas no seu debuxo, que letras ten o seu nome...

E segundo o día... ás veces aproveitamos para botar unhas paroladas, pero como aínda nos cansamos moi, moi rápido de estar sentados, soen ser moi breves.
Na asamblea aprendemos a escoitar, e tamén a falar aos demais: para captar a atención utilizamos un micrófono. O que o ten fala, e o resto escoitamos atentamente.
Temos varios RECANTOS:
A casiña, os disfraces,  lóxica,  construcións, artistas, biblioteca, motricidade fina.













Estamos distribuidos en 5 equipos:

Despois de ter distintas opcións para ir aos recantos (libremente, con carné...)

ao final imos a os recantos coas nosas pulseiras. Con elas, nos identificamos como membros do noso equipo (segundo a cor), colaboramos (pois axudamos aos compañeir@s a poñer as súas pulseiras e les nos axudan a nós...), e pouco a pouco imos identificando os nosos nomes.